Quen somos

Quen somos

Transformar as radios locais en centros de produción de audio. Aproveitar o auxe dos pódcasts para ofrecer novas ferramentas de comunicación á cidadanía. Son algúns dos obxectivos da asociación Emisoras Municipais Galegas, entidade creada en 1988 e comprometida coa igualdade de xénero, a loita contra o quecemento do planeta e en respecto a todas as culturas e linguas do mundo.