Actividades

Actividades

Emisoras Municipais Galegas asinou un convenio de colaboración en 2022 con Emisoras Municipales de Andalucía, Rede de Medios Comunitarios e Radio Televisió Cardedeu- La Xarxa para levar a cabo o proxecto Onda ODS.
A iniciativa tivo a axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e contou con prolongación en 2023 con Onda ODS II, que se está a desenvolver na actualidade.
Entre outras actividades elaboramos a guía sobre pódcast e audiovisual «Comunicándonos». A posibilidade de difusión masiva que ofrecen as Tecnoloxías da Información e da Comunicación non poden facernos esquecer a existencia de sectores de poboación que non acceden a eses canais e a vixencia que aínda teñen as ferramentas de comunicación analóxicas. Aproveitamos a «mirada local» para poñer en valor a pluralidade lingüística do Estado Español, a memoria histórica democrática e o respecto a todos os pobos do mundo.